Que é Desde a raia

Desde a raia pretende ser un medio de comunicación que atenda aos intereses de Tui, de Tomiño e dos concellos da proximidade a ambas beiras do Miño. O río, a raia mollada, actúa como fronteira e como elemento de cohesión ao mesmo tempo. A vida, a sociedade, a cultura, a política, a industria ou o traballo, entre outros; todos son eidos por explorar e por tratar coa mellor das intencións.

Os principios deste medio baséanse nun xornalismo de calidade, entendido como información ampla, con interpretación, fontes e contexto. Así, ampara a filosofía do xornalismo lento.

Non pretende ser un medio de consumo diario, senón que, co propósito sincero de ofrecer información que desperte a curiosidade do lector, publicará coa periodicidade necesaria para elaborar pezas rigorosas e ben documentadas. Un contido feito desde a beira norte da raia mollada, pero para todo aquel que teña a ben lelo.